Concello de Narón
Español
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón
Turismo
Servizo de Normalización Lingüística
Do berce a rúa
Fotos de Narón
Educación viaria
Benvida do Alcalde
 
Jose Manuel Blanco Suárez
Jose Manuel Blanco Suárez

Narón é un concello que conta con historia propia, cunha identidade que o fai singular, e que nos une a todos os que nacemos, vivimos e convivimos en Narón. Somos unha realidade social emerxente. Proba diso é que nas últimas décadas témonos convertido no motor industrial da Terra de Trasancos, no mascarón de proa da diversificación económica desta comarca. Con máis de 37.000 habitantes, Narón é hoxe a cuarta cidade da provincia coruñesa, e o oitavo concello de Galicia, un dos municipios galegos que experimenta un maior crecemento poboacional.

Nos últimos vinte e cinco anos, Narón converteuse nun concello próspero, xerando emprego e riqueza para todos, xerando servizos e benestar para os nosos veciños e veciñas. Froito dese proceso de crecemento Narón transformouse nun concello acolledor, e por iso son moitas as novas familias que se asentan neste municipio para botar raíces aquí.

Narón é unha realidade diversa, conformada polo seu patrimonio natural e histórico, a súa paisaxe, a súa cultura, e sobre todo as súas xentes, a súa sociedade civil. Esa é a gran riqueza deste concello. Contamos con tódas as ferramentas necesarias para facer unha cidade nova e puxante, con parques empresariais, infraestruturas, zonas verdes e servizos, entre eles a futura administración electrónica.

Dende estas liñas quero aproveitar para saudar a todos os naroneses e naronesas, e comprometerme a seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Convídovos tamén a empregar todas as posibilidades que Internet ofrece, coma a nosa páxina web onde iremos ofrecendo toda a información de interese para os habitantes de Narón.

Recibide unha calorosa aperta.


José Manuel Blanco Suárez
Alcalde de Narón

O tempo

nublado
vindeiros días

Farmacias

 Horarios

<<< Febreiro 2012 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
Eventos do Concello
agenda

destacados

Oficina virtual Teléfonos municipáis Persoal - Oposicións Ordenanzas municipáis Perfil do Contratante Padrón Municipal Subvencións Orzamentos municipáis 2012 Solicitude da tarxeta sanitaria europea Solicitude da tarxeta sanitaria europea Narón: terra de futuro naronroda
   
 
Concello de Narón - Aviso legal