|
Narón é un dos 10 municipios máis poboados de Galicia, con preto de 36.000 habitantes que se distribúen entre os seis barrios que
compoñen o centro urbano e as sete parroquias da zona rural. Situado na Terra de Trasancos coruñesa, cunha extensión de 66,2 Km²,
o seu contorno dota ao territorio naronés dunhas características climáticas de tipo oceánico, suaves e con temperaturas pouco extremadas.
A localización de Narón no noroeste galego dificultou históricamente o seu acceso desde outros lugares do país. Na actualidade
o término municipal ten conexións coa autoestrada AP-9 e e autovía A-64 Ferrol-Vilalba. A posibilidade de opcións como o tren da
costa e a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago fan do noso Concello un destino ben comunicado.
|