|
Compañía de Servicios Medioambientais do Atlántico (COSMA SA)
COSMA, SA (Compañía de Servicios Medioambientais do Atlántico, S.A.), é unha empresa mixta municipal , constituida o 12 de Xuño
de 2002 e integrada polo Exmo. Concello de Narón (51%) e a empresa Aqualia SA, Gestión Integral del Agua SA.
Nace inicialmente como xestora dos servizos de abastecemento e saneamiento do Concello de Narón, puidendo nun futuro
ampliar o seu campo de traballo en función do obxeto social co que foi constituida.
|
|
Oficinas na rúa Rosal nº 33
|
 |
No ano 2003 COSMA contaba cun total de 10.360 clientes, dende entonces o servizo foi crecendo ata alcanzar a cifra
de 13.036 clientes (finais do ano 2005).
Na actualidade COSMA conta cun equipo de 10 traballadores para prestar os seus servizos. O noso equipo de profesionais realiza
as seguintes actividades para que os seus clientes reciban un servizo de calidade:
-
Atención personal ó cliente para realizar calquera trámite sobre contratos, altas e baixas, incidencias e inspeccións,
recepción de suxerencias e reclamacións, cobros e outras.
- Servizo 24 horas, de reparación de averías na rede de abastecemento e saneamiento.
- Traballos de acometidas e outros.
- Servizo de lecturas de contadores.
Co fin de, mellorar a calidade de servizo ós nosos clientes e de poder ofrecer os servizos de abastecemento e saneamiento,
tan necesarios, a un maior núcleo de poboación, COSMA presenta un plan de inversións basado na Renovación de redes existentes
(na zona urbana) e na ampliación das súas redes (na zona rural).
COSMA SA levou a cabo ata o momento un Plan de Inversións por un importe de 1,5 millóns de euros en obras de reposición de
servizos, con él renováronse as instalacións en 18 rúas da zona urbana (Zorrilla, Francisco de Quevedo, Espronceda,
Río Lérez, Miño y Mandeo, Cambre, travesía de Cambre, Wenceslao Fernández Flórez, Méndez Núñez, Linares Rivas, Manuel de Cal,
Roncesvalles, Obispo
Argalla, Paz, Eirexa, la Torre, San Carlos) e levado a cabo a instalación do grupo de presión en Castro. En Nadal do 2005
comenzaron as obras no Barrio da Solaina siendo a primeira actuación a calle Reyes Católicos.
No ano 2006 está previsto a execución da primeira fase do Plan de Saneamiento do Rural nas parroquias do Val, Castro e
San Xiao, obras ás que se dedicarán un total de 2.400.000 euros. Aproveitando as obras de saneamiento se instalará da rede de
distribución de abastecemento en paralelo. Además dende COSMA se invertirán 2,0 millóns de euros en obras de reposición de
servizos no Barrio da Solaina e ampliación da rede de saneamiento en Pedroso.
|