|
 |
Como Chegar |
| |
|
Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade a autoestrada
AP-9 Ferrol-Narón-Madrid ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén aos núcleos urbanos entre si. A autovía A-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba, posúe tres accesos no termo municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do Concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o termo municipal cos concellos limítrofes.
|  |
Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón, de FEVE, é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid
(RENFE) non ten estación en Narón, de xeito que cómpre desprazarse aos concellos limítrofes de Ferrol ou Neda para coller este tren.
|  |
Por aire: en canto ao transporte aéreo, hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello desde lonxe.
|
Distancias quilométricas dende Narón a outras localidades galegas | Localidade | Distancia (Km) | | A Coruña | 54 | | Ares | 20 | | As Pontes de García Rodriguez | 32 | | Betanzos | 40 | | Cedeira | 29 | | Ferrol | 5 | | Fisterra | 154 | | Lugo | 98 | | Miño | 27 | | Monfero | 39 | | Mugardos | 21 | | Neda | 4 | | Ourense | 180 | | Ortigueira | 43 | | Pontevedra | 153 | | Pontedeume | 20 | | San Andrés De Teixido | 40 | | San Sadurniño | 12 | | Santiago De Compostela | 95 | | Tui | 203 | | Valdoviño | 8 | | Vigo | 190 | | Vilalba | 60 | | Vilarrube | 19 | | Viveiro | 78 |
Distancias quilométricas dende Narón ás capitais do resto de Comunidades Autónomas | Comunidade | Cidade | Distancia (Km) | | Andalucía | Sevilla | 933 | | Aragón | Zaragoza | 819 | | Asturias | Oviedo | 326 | | Cantabria | Santander | 534 | | Castela la Mancha | Toledo | 661 | | Castela León | León | 320 | | Cataluña | Barcelona | 1104 | | Estremadura | Mérida | 789 | | Illas Baleares | Palma | 1390 | | Illas Canarias | As Palmas | 2601 | | Illas Canarias | Tenerife | 2495 | | A Rioxa | Logroño | 635 | | Madrid | Madrid | 595 | | Murcia | Murcia | 996 | | País Vasco | Vitoria | 617 | | Navarra | Pamplona | 725 | | Valenciana | Valencia | 947 | | Ceuta | Ceuta | 1270 | | Melilla | Melilla | 1340 |
|
|
<<< Febreiro 2012 >>>
| L | M | M | X | V | S | D |
| | 1 | | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | |
|